Pazo de Familia
Capítulo 17
Con César forzado a dimitir, quen dirixe os restos do imperio dos Pardo Veiga é o novo matrimonio formado por Sofía e Emilio . Atrás quedaron O Universal e a navieira, froitos dunha gloria maior que xa parece cousa do pasado. O negocio inmobiliario segue adiante, pero Sofía e Mónica non imaxinan que, aínda con César fóra de xogo, alguén siga a boicotear os seus plans empresariais.
Pola súa parte, Emilio visita uns fermosos terreos da familia coa intención de vendelos. Esa viaxe faille lembrar un soño case esquecido que pouco ten que ver cos cartos e coas tensións do mundo dos negocios. Pero se seguir os soños de un pasa ás veces por magoar a outros, iso é o que lle ocorre a Pablo cando a súa nai se decata do verdadeiro motivo polo que non volve para Cataluña. Aínda que Sara non entende o seu fillo Pablo, a que si o fai é Claudia, cada vez máis apegada a este rapaz desde que irrompeu de súpeto no pazo e na súa vida.
Pero Sara ten outra fronte aberta, xa que é a encargada de escoller un traballador para as tarefas de mantemento. Terá que lidar coas presións de Marisiña, que oe campás de voda só de pensar no seu candidato ideal: o seu amado Tomaso.