CRTVG

Buscar

Viradeira

Capítulo 17

04/03/2018 22:15 h

Despois de moitas xestións, Héctor consegue que o seguro da Fundación se faga cargo da reparación dos danos ocasionados ao Arredemo, polo que Manel e os seus axiña poderán saír navegar de novo.

Pero a tranquilidade non vai durar moito. Os trangalleiros intentarán sacar todo o partido posible ao seguro, finxindo danos inexistentes e perda de material de gran valor que en realidade nunca estivo a bordo do seu  barco. Maquinaria, equitación e ata danos persoais serán obxecto de reclamación por parte de Alfredo, Chino, Manel e, especialmente, de Muxo.

Mentres tanto, Roxelio consegue sacar adiante o seu maior logro político: a celebración dun cumio diplomático entre os concellos de Dorneda e San Tomé. A cita será no mesón e a ela acudirá unha ampla representación dos veciños da vila, así como, por suposto, a alcaldesa do lugar veciño. A cita transcorrerá nun clima de diálogo e bo talante ata que a alcaldesa solte unha auténtica bomba informativa: Roxelio, primeiro edil de Dorneda, é gay? A nova non tardará en chegar a todos os rechunchos da comarca e o alcalde fará todo o posible por desmentilo. Pero os veciños de Dorneda téñeno claro: cando o río soa é que auga leva.

Así mesmo, a tranquilidade da vila podería correr perigo outra vez. A pensión de Charo acaba de acoller un hóspede completamente inesperado. Trátase do “Americano”. O ladrón de tesouros afundidos máis temido por Lupe e Héctor volveu a Dorneda e as súas intencións non poden ser boas.

Atopar capítulo por: