CRTVG

Buscar

Serramoura

Capítulo 160: 'Truco ou trato'

24/05/2020 22:30 h

Despois da fuxida de César do sanatorio, todos os efectivos do cuartel de Serramoura son conscientes de que a vida de Raquel está en xogo, polo que Tomás non dubida e organizar un dispositivo de busca sen escatimar recursos. Tamén os veciños da vila bótanse ao monte para atopar a Raquel, algo que Roi e Marga intentan evitar por todos os medios.

Para evitar interferencias no seu traballo, os sarxentos non dubidan en reter no cuartel a Evaristo Fiúza, algo co que non estará moi conforme.Mentres tanto, Teresa negocia con César a entrega de Raquel, pero introduce un novo punto no acordo: se César quere a Raquel, antes ten que acabar con Evaristo Fiúza.

Atopar capítulo por: