CRTVG

Buscar

Historias de Galicia

Capítulo 16: Sans e fortes

29/01/2009 22:21 h

Neste capítulo cóntase como nos fomos alimentando os galegos e como a ciencia médica nos axudou a medrar sans e fortes.

Despois de respirar e botar unha choradiña, a primeira necesidade vital que ten un ser humano cando chega ao mundo é alimentarse. Do que comemos nos primeiros anos de vida depende, en gran medida, a nosa saúde cando nos facemos adultos. Pero, naturalmente, non todas as enfermidades dependen do que comemos. “Historias de Galicia” conta nesta ocasión como nos fomos alimentando os galegos e como a ciencia médica nos axudou a medrar sans e fortes.

Así, a primeira historia trata do que comían os galegos das casas grandes, medianas e pequenas, é dicir, do que se quería ao que se podía.

A segunda historia céntrase na figura do doutor Pose Roibanes, o home que trouxa a Galicia a primeira vacina da historia.

A terceira e última historia trata do nacemento do primeiro hospital en Galicia, o Hospital Real de Santiago, o que hoxe se coñece coma Hostal dos Reis Católicos.

Atopar capítulo por: