CRTVG

Buscar

Pazo de Familia

Capítulo 16

23/03/2015 22:00 h

Veñen cambios: co sarxento Bascuas a piques de entrar no cuarto de Sofía Salgado, tanto ela coma Emilio teñen que recorrer a un acto desesperado para salvar as súas vidas.

A vida de Nino tamén pende dun fío. En estado crítico tras a puñalada de Óscar, semella que só un milagre pode salvalo. Porén, o que parece preocupar máis a dona Leonor é que a xente se decate do que foi a brutal confesión de César: Nino é fillo seu. Como actuará Mónica agora que sabe que o home do que está namorada é en realidade o seu medio irmán? Poderá a orgullosa Leonor perdoar a infidelidade e o engano de César durante todos estes anos?

Tamén hai cambios tamén no servizo doméstico. Mentres Rita agarda vestida de voda a un noivo que non chega, o que si o fai é Pablo, o fillo maior de Sara. 

Atopar capítulo por: