CRTVG

Buscar

Viradeira

Capítulo 16

25/02/2018 22:15 h

O roubo do canón de Manel colle por sorpresa os veciños de Dorneda. Rapidamente comeza unha investigación para atopar os culpables e os sospeitosos non tardan en aparecer. Todos en Dorneda pensan que os culpables son os veciños de San Tomé, tradicional vila rival, e Roxelio, como rexedor, non dubida en iniciar unha dura batalla diplomática para recuperar os restos arqueolóxicos.

Por se o roubo non fose suficiente, Lucita, a nai do edil de Dorneda, podería ter probas da chegada á vila da auténtica e xenuína camorra. A muller será testemuña dun intercambio de armas de fogo nas inmediacións do porto, pero o seu susto será aínda maior cando se decate de quen é o propietario das armas. Nada menos que un sobriño de Charo que decidiu pasar uns días na vila, na casa da súa adorada tía. Mentres tanto, Carmela enfróntase a unha situación comprometida: foi convidada á voda duns amigos, en que coincidará coa súa ex-parella. Debe aceptar o convite? E debe levar a Héctor á festa ou é máis correcto que acuda con Xurxo como amiga, xa que os contraentes son amigos dos dous?

Atopar capítulo por: