Fontealba
Capítulo 143
12/04/2017 15:45 h
Amalia cóntalle a Luís que Marisa foi despedida por Aurora por ser a amante de Roberto. As probas de ADN indican que Nina non é filla de Luís, isto vai ser unha bomba de reloxería para toda a familia que pode estoupar en calquera momento. Mati segue a saír con Ton e Fonso non pode cos celos, e ademais ve coma Ton non é tan bo como quere parecer. Luís non quere saber nada de Nina e ata pide que non se autorice as visitas de Nina a Amalia ao hospital.