Fontealba
Capítulo 142
11/04/2017 16:00 h
Os resultados das probas de ADN que se fixo Nina para saber se era ou non era filla de Luís xa están preparados. Nina sairá así por fin de dúbidas. Sexa coma sexa, esta noticia non vén no mellor momento. Amalia segue a estar enferma, non quere comer e non ten ánimos para facer nada. Mati comenza a ilusionarse moito con Ton. Aurora, ao saber que Marisa e Roberto tiveran unha relación, decide despedila da empresa.