Luci
Capítulo 14: En horas baixas
20/01/2015 22:00 h
Miguel, o xefe de Luci e Cosme, anda deprimido, desatende o traballo e séntese un fracasado. Luci terá que facer de psicóloga e lidiar cos desaxustes que os ánimos de Miguel lle provocan tanto no traballo coma na súa vida persoal.
Luci vaise arrepentir de intentar axudar a Miguel, xa que non deixa de abordala para contarlle os seus problemas, incluíndo chamadas a altas horas da madrugada e visitas inesperadas á súa casa. Pero toda paciencia ten un límite, sobre todo cando Miguel lle acaba botando a culpa de erros que el comete no traballo.
Ao final, Luci dálle o mellor consello que se lle ocorre: que se poña en mans dun profesional. E, efectivamente, a cousa funciona, aínda que non exactamente como ela esperaba.