Pazo de Familia
Capítulo 14
Emilio non ten máis remedio que aceptar que o capo da trama dos medicamentos adulterados e o causante de varias mortes non é outro ca seu propio pai. Para salvar o resto da familia da vinganza de Sofía Salgado, o director de O Universal investiga a caída do pai de Sofía, coa esperanza de poder absolver a César cando menos nese outro asunto.
Alguén está a extorsionar a Mónica. Sen Nino para coidar dela, a muller vese nunha rúa sen saída. O chofer dos Pardo Veiga está por fin a vivir uns días de felicidade xunto a Rita. O maior dos seus problemas agora é intentar que os señores lles concedan un adianto do soldo e uns días libres para poder marchar de lúa de mel.
Tras bicar a Emilio, Sara non sabe onde meterse con tal de non cruzarse con el, pero chega o momento en que ambos os dous teñen que afrontar os seus sentimentos e falar do acontecido.