CRTVG

Buscar

4º sen ascensor

Capítulo 13: Unha nova esperanza

28/12/2004

Desta volta, Sebas está a probar un cinto programado para adelgazar e Lucía vai traballar no teléfono da esperanza. Fran búrlase dela e suxírelle que onde debería traballar é na liña erótica. Con todo Fran non resiste a tentación de chamar baixo nome falso e contarlle o seu propio caso: está namorado da mellor amiga da súa noiva, que ven sendo Lucía. Pero os problemas de Fran empezan cando Lucía decide coñecer a "Libra", este mozo tan especial.

Por outro lado, Catalina, nai de Raúl e cantante de tangos, anuncia a súa inesperada visita. O que o seu fillo descoñece é o verdadeiro motivo da mesma: buscar a un antigo amor de xuventude.

Ana padece amnesia temporal como consecuencia dun golpe. Diego aproveita a ocasión para mercar unha pantalla plana que ela pretendía substituir por un cadro. A muller finxirá non ter recobrado a memoria para vingarse do seu home. Finalmente Fran non se atreve a desvelarlle o segredo a Lucía, pero sí lle confesa que deixou a Maite e "volve a estar no mercado".

Atopar capítulo por: