Serramoura
Capítulo 13: Poñerse en pé
Despois de solucionar o caso de Mónica Triáns, Diego Bazán pensa en abandonar a vila, mais o sarxento non llo permite pois un novo asasinato obrigarao a prolongar a súa estancia na vila.
Unha moza prostituta chamada Araceli será a vítima dun novo caso para a parella de sarxentos Neira-Bazán. Un coche sinistrado en estrañas circunstancias e unha segunda ocupante desaparecida serán as primeiras pistas para a investigación. A trama complícase cando as primeiras pescudas apuntan a un asasino a soldo como posible culpable. Quen puido contratalo?
Tras a detención de Gonzalo Soutelo, aos veciños de Serramoura aínda non lles deu tempo de recobrar a normalidade. Evaristo Fiúza permanece ingresado e debátese entre a vida e a morte. E mentres o seu fillo Román se fai cargo dos seus negocios, a súa esposa Gloria conspira contra el para quedar con todo, tratando de establecer as alianzas máis inesperadas.