CRTVG

Buscar

Urxencia cero

Capítulo 13

17/04/2016 22:00 h

Ao Francisco Balmis chega un neno gravemente enfermo ao que non poden salvar porque non atopan o seu historial médico. O pai, no canto de axudalos, parece distante. A vida do neno está en xogo e ninguén do persoal do hosptial consegue descubrir a medicación que estaba a tomar ata que Vitu, que no canto de traballar estaba a ver o informativo, descobre que o pai non é quen di ser.

Por outro lado, Rebeca, unha moza que precisa un transplante de fígado, ingresa de urxencia no Francisco Balmis. Ao comprobar o estado da rapaza, Muíños e Laura sospeitan que puido intentar suicidarse. Afortunadamente, non teñen probas, xa que se as tivesen terían que negarlle o transplante. 

Alicia, que segue a traballar como voluntaria no hospital, está empeñada en descubrir a identidade dun paciente que leva anos en estado catatónico e a quen ninguén visita. Investigando a partir dunha foto, descobre que se trata dun actor e o cuarto axiña se enche de visitas, co que o estado do paciente semella que mellora aos poucos.

A situación máis complicada é a de Daniel Losada, pois vai coñecer os pais de Laura. El trata de evitalo con escusas que, en lugar de convencer a Laura, fan que esta lle acabe pedindo consello a Muíños. Así que, sen ningunha esperanza, parece que Laura vai ter que presentarse soa ante os seus pais.

 

Atopar capítulo por: