CRTVG

Buscar

Pazo de Familia

Capítulo 13

23/02/2015 22:00 h

Descubrimos o verdadeiro motivo do regreso a Galicia de Sofía Salgado e o plan que ten para acabar co legado dos Pardo Veiga. Dependerá de Emilio conseguir que a que foi a súa prometida non consume a súa calculada vinganza.

Pola súa parte, tras atopar os billetes de avión a Leningrado no libro de poesía que lle regalou César, Claudia investiga en segredo a relación do seu avó co contrabando de medicamentos. De xeito paralelo faino Daniel, que, tamén para desgusto de Emilio, estreita o cerco e cada vez máis apunta como responsable a alguén de dentro da empresa familiar.

O doutor Baltasar quere con Sara algo máis ca unha relación médico-paciente, pero o que si que precisa dun médico é Cosme. Aínda que intenta ocultalo, desde hai un tempo tose sangue e comeza a preocupar a dona Leonor. Mentres, Sara está preocupada polo que poida facer Rita. Aínda que non o pode demostrar, a moza está segura de que perdeu o neno por culpa de Mónica e só desexa verse cara a cara con ela.

Atopar capítulo por: