CRTVG

Buscar

Fontealba

Capítulo 121

13/03/2017 15:45 h

Tras pedirlle para casar a Nina, Gonzalo sabe que teñen que ocultalo pola posibilidade de que ocasionen máis tensións na familia. 

En Hortodouro segue a pasar de todo e case ningunha cousa boa. Agora, a aseguradora que denunciou a empresa pide que se pague unha multa desorbitada. Isto vai provocar que teñan que facer números e impedir polos seus medios que Hortodouro caia. Tristemente eses medios van ser case de seguro a redución de plantilla.

Mati está cada día máis convencida de querer ser modelo, pero a escola na que quere ingresar ten un prezo que non vai poder asumir Roberto. E Nina non está segura de casar nestes momentos con Gonzalo.

Atopar capítulo por: