CRTVG

Buscar

Serramoura

Capítulo 120: Vellos novos descoñecidos

03/06/2018 22:00 h

Co descubrimento do pasado de Ezequiel, no cuartel de “Serramoura” semella que as cousas comezan a estar algo máis tranquilas. Os homes de Penedo déronlle carpetazo ao que, probablemente, foi un dos casos máis complicados da toda a súa carreira. Pero o que non acaba de estar tranquilo de todo é Quique.
Xusto antes de morrer, o seu preceptor no mosteiro de Santa Catalina, gravou un vídeo para el. Pero o máis sorprendente do caso non é que pensara nel nos seus últimos momentos, senón a quen fai referencia o contido da gravación. Trátase dunha inquietante confesión dos propios pecados e dos doutra persoa: Diego Bazán. Se as palabras de Ezequiel son certas, o sarxento Bazán podería agochar un pasado moito máis escuro do que Quique xamais alcanzaría a imaxinar.
A partir de agora, o cabo Parcero non cesará ata dar coa conexión entre Diego e Ezequiel, unha investigación que deberá levar no maior dos secretismos, aínda que quizais atope na súa contorna a axudante perfecta.
Pola súa parte, Emilia, a protexida de Santos, mantén a súa intención de converterse na criminal máis preparada de Serramoura. Para iso e a pesar das recomendacións do seu mentor, decidirá poñer en práctica unha das súas tácticas favoritas para conseguir cartos de xeito rápido. Pero axiña se complicarán as cousas cando a moza se tope coa vítima menos indicada para este tipo de prácticas. Mentres tanto, as irmáns Neira seguen facendo números para facerlles fronte ás facturas dos avogados para a defensa de Moncho. Talvez a única solución sexa poñer en venda os montes de Raquel, pero atopar un comprador non vai resultar fácil.

Atopar capítulo por: