CRTVG

Buscar

Luci

Capítulo 12: Que lle pasa a Hadrián?

13/07/2014 22:00 h

Os 14 anos son unha idade difícil e senón que llo digan a Luci que ten que aturar que, nunha mesma semana, o seu fillo chegue borracho dúas veces e cun forte cheiro a tabaco outra.

Cando Hadrián entra pola porta borracho por vez primeira na súa vida, Luci non pode ter un desgusto maior. Intenta falar co seu fillo e acaba castigándoo para que non o volva facer. Pero este castigo, unha semana sen saír, dóelle máis ca nunca ao neno, xa que namorou dunha rapaza e leva días tratando de impresionala.

O de beber non fora por outra razón e agora, por culpa de Luci, non ten tempo para vela ao saír de clase. Só é necesario que Alba lle faga un pequeno aceno para que Hadri esqueza o seu castigo e marche detrás do instituto a fumar con ela e outros rapaces que están alí de botellón.

Atopar capítulo por: