CRTVG

Buscar

4º sen ascensor

Capítulo 12: Fran contra Fran

21/12/2004

Sebas está a probar un novo aparello, un xogo de fútbol de realidade virtual. Aínda que a proba está indo lonxe de máis. Fran non sae do seu asombro co realismo do xogo e como o está a tomar Sebas, non así Lucía que sofre as consecuencias.

Ana ten que enfrontarse a unha entrevista de traballo. Consegue o posto de xefa nunha galería. O seu home dalle consellos que acaban volvéndose contra él, o autoritarismo de Ana é insufrible.

Lucía intúe que as cousas entre Fran e Maite non van ben, como Sebas é incapaz de mentir consegue arrincarlle a confesión de que hai outra. Por outra banda, Fran descubre un vídeo íntimo de Lucía con Bruno, o seu antigo noivo actor porno. Por erro leva a cinta ao pub e no canto de poñer o partido de Maradona, pon o vídeo íntimo dela. A clientela do pub está máis que encantada co cambio. A situación aínda se complica máis cando Fran se entera da confesión de Sebas a Lucía, menos mal que non lle revelou o nome, trátase de Lucía.

Fran tenta amañala desfeita con outra aínda maior, o vídeo documental "En pelotas altruistas" no que todos os amigos aparecen espidos.

Atopar capítulo por: