CRTVG

Buscar

Pazo de Familia

Capítulo 12

16/02/2015 22:15 h

Emilio non pode imaxinar que os matóns que o reteñen nunha nave abandonada non son senón os secuaces do seu propio pai. O “Señor X”, nome que desde O Universal se lle dá ao xefe oculto da trama dos medicamentos adulterados, está cada vez máis cerca de ter un rostro. E Claudia tampouco é quen de sospeitar que ese rostro non é outro que o do seu propio avó. 

Importantes verdades acaban por saír á luz. Ante a proximidade do casamento con Emilio, Sofía non pode agochar por máis tempo o seu gran segredo e acabará por contarllo ao seu prometido, que se cadra deixa de selo.

A que vai casar si ou si é Marisiña. Que Tomaso non saiba nada sobre que el é o noivo parece ser o de menos. A serventa dos Pardo Veiga consegue enganalo para acudir xuntos aos cursos prematrimoniais do padre Dimas, aínda que non ten cartos para o vestido porque o empresario para o que fixeron o cátering resulta ser un moroso e Sara non pode devolverlle o préstamo.

As vodas semellan xerar máis tensións que alegrías na mansión dos Pardo Veiga. A de Nino e Rita, que agardan un fillo, enche de celos a Mónica. A muller non permitirá que ningunha circunstancia a distancie do home do que di estar namorada, aínda que teña que facer que corra o sangue para conseguilo.

Atopar capítulo por: