CRTVG

Buscar

Serramoura

Capítulo 118: O libro e a espada

20/05/2018 22:00 h

O posto de mando de “Serramoura” enfróntase a unha das súas misións máis delicadas. Primeiro foi o sarxento Diego Bazán, moito antes da súa chegada á vila. Despois, Marga Neira, quen chegou mesmo a finxir a súa propia morte para sacar adiante unha operación extremadamente perigosa. Agora é a quenda de Quique, o axente máis novo do cuartel, pero de valía sobradamente demostrada. Infiltrado no mosteiro de Santa Catalina, convivirá cos monxes e adaptarase ás súas ríxidas normas de vida para descubrir o posible asasino ou asasinos de Carlos, o novizo desaparecido.
Mentres, na taberna de Serramoura, Luz consegue non perder de vista a Román, quen agora vive no hostal, apartado do control de seu pai. Pero o que non sabe o pequeno dos Fiúza é ata onde chega o sincero afecto da camareira e onde comeza a súa fidelidade a Evaristo, o seu xefe.
Pola súa parte, na casa dos Soutelo, dona Teresa pasa o seu tempo facendo o que mellor se lle dá: vingarse. Neste caso, a destinataria das súas maldades será Raquel Neira e o motivo, traizoala cando se atopa no cárcere polo asasinato de Rebeca, un crime que sabía que non cometera.

Atopar capítulo por: