CRTVG

Buscar

Serramoura

Capítulo 117: Sálvame da espada

13/05/2018 22:00 h

A pesar dos intentos do cuartel por recuperar a normalidade tras a explosión da bomba, o traballo estase empezando a acumular en “Serramoura”. Agora, os homes do tenente Penedo non só teñen que investigar quen colocou o explosivo que causou a morte de dúas persoas no cuartel e que acabou coas vidas de Rebeca e Marcelo, xa que tamén desapareceu un novizo no mosteiro de Santa Catalina.

Durante as vindeiras semanas, a serie trasládanos ata este enclave tan especial de Montefaro, no municipio coruñés de Ares. Por uns días, e grazas ás tramas da ficción, o mosteiro recobra vida para acoller, como o fixo ata o século XIX, monxes franciscanos, que son protagonistas dunha das historias máis inquietantes de "Serramoura". Un dos protagonistas chega nesta entrega a Santa Catalina, talvez para quedar.

Mentres tanto, Evaristo recibe unha chamada da clínica alemá que levou o tratamento de Román para informalo sobre o estado do seu fillo. Sen pensar nas consecuencias, non dubida en botarlle en cara a Román a falta de confianza que demostrou ao non contarlle como se sente. Que fará Román ante a actitude do seu pai?

Atopar capítulo por: