CRTVG

Buscar

Pratos combinados

Capítulo 114: O problema da vivenda

07/06/2000 17:00 h

Antón sospeita que o propietario do apartamento no que vive quere botalo fóra, e cre que a solución pode ser ir a vivir á casa da súa irmá Balbina, aínda que esta non parece moi disposta a permitir semellante mudanza. Aproveitando este incidente, Balbina fálalle claro ó seu irmán para que empece a goberna-la súa vida como un adulto, e chegando a suxerirlle que podía casar, por exemplo, con Charo.

Os acontecementos precipitanse e Charo comeza a ter esperanzas de casar por fín, ter fillos...e así desenrólanse os acontecementos nos que entre mentiras, falsificacións e traslados forzosos, Antón desenrolará unha gran capacidade para enreda-las cousas.

A todo isto, Pedro Barreiro, que sofre estrés, non terá moitos motivos de tranquilidade na súa casa.

Atopar capítulo por: