Serramoura
Capítulo 114: Black hat
A desaparición da representante da Wood Corp convértese nun problema para o cuartel de “Serramoura” ata que reciben un vídeo en que se ve a Rebeca pedindo perdón polos seus actos. Nese intre, todas as suposicións mudan cara á certeza de que Rebeca está secuestrada e atopala sa e salva convértese nunha prioridade para Tomás. Pero as distraccións non tardan en chegar. Comandancia quere pechar o caso o máis axiña posible e envía a Serramoura o tenente Víctor Somoza, que, máis que axudar, sabotará os intentos de Marga e Diego por atopar a Rebeca.
Mentres tanto, Moncho está preocupado por Raquel. A responsabilidade no serradoiro e ser a propietaria dos montes de Serramoura converteu a maior dos Neira nunha empresaria sen escrúpulos, ao máis puro estilo Soutelo, e Moncho intentará poñer fin a esa deriva que nada ten que ver con quen Raquel é en realidade.
Ao mesmo tempo, Hugo quere poñer fin a presenza da Wood Corp en Serramoura. Aproveitando a volta de Evaristo, pídelle axuda ao seu antigo xefe para acabar coa empresa americana.
Ademais, Santos recibe a Emilia, unha filla dun dos seus mellores amigos e antigo colaborador nos seus negocios criminais, que está de paso en Serramoura para aprender os métodos de Santos.