CRTVG

Buscar

Pratos combinados

Capítulo 111: Unha cea de cine

17/05/2000 17:00 h

Como a convivencia con Miro Pereira e o seu cuñado Antón non sempre é doada, e como resultado das últimas chafalladas, Balbina e Charo deciden poñelos na rúa. Deste xeito, os dous enredantes máis temibles do barrio acaban instalados na casa do avogado e veciño Pedro Barreiro.

Mentres, a filla deste, Paula, que soña con ser unha famosa actriz, presiónalle para que a convide a cear cun vello amigo da infancia, un coñecido productor de cine que podería se-la chave para a súa carreira artística. Unha serie de circunstancias empurrarán a Antón e Miro a oficiar de cociñeiros para dita cea, mentres Pedro non está moi disposto a axuda-la súa filla a enredarse no mundo artístico...

Atopar capítulo por: