CRTVG

Buscar

Pazo de Familia

Capítulo 110

02/04/2018 22:00 h

Televisión de Galicia ofrece esta noite o último capítulo da temporada de “Pazo de Familia”. A inimizade entre os Moure e os Pardo Veiga fai que a relación entre Claudia e Alberto sexa pouco menos ca imposible. A historia de amor entre os rapaces chega a ouvidos de Emilio e Suevia e terá consecuencias máis graves do que se poida imaxinar.

Consecuencias terá tamén a idea de Suevia de repetir as análises xenéticas para demostrar que é irmá de Leonor. A primeira delas será que Emilio lle conte á súa nai o segredo familiar que tanto lle custou gardar.

Mónica, pola súa parte, sabe que tampouco lle vai saír de balde ceder á chantaxe de César para evitarlle unha nova condena a Nino. Lonxe diso, pode custarlle a súa carreira.

 

Atopar capítulo por: