CRTVG

Buscar

4º sen ascensor

Capítulo 11: Gata negra

14/12/2004

A mala sorte, a superstición... en realidade non é tal ¿ou sí?, todo depende do punto de vista.

Sebas e Fran discuten, e Fran bótalle en cara que sen él non é nada. Apostan a que en menos dunha semana recurrirá a él para que o saque dun apuro. O inxenuo Sebas métese na tuna, consegue o posto de pandereteiro titular, un tío "guai" que terá amigos de verdade. A realidade é que a Fran faltalle tempo para selo tuno encantador que o substitúa.

Á vez, Ana síntese atraída polo modelo que posa para ela e loita por non caer na tentación, é unha muller casada, ¿felizmente casada?.

Por outra banda, Ana pensa que Lucía debe limpar a aura, pois non fai máis que atraer a mala sorte, e non lle falta razón, calquera que esté próximo a ela acaballe pasando algo: un mozo atropelado, Bruno o seu antigo noivo saíndo cunha actriz, Diego a punto dun traumatismo craneal... Lucía remata pensando que é gafe. A rivalidade entre Sebas e Fran é difícil de aturar, Lucía trata de intervir pero Sebas non quere nin que se lle acerque. O peor chega cando ninguén merca un décimo adquirido por Lucía, Raúl devolveo e sae premiado.


Atopar capítulo por: