Vaia troula
Capítulo 105. Vaia Troula: Burela
Burela retrocede ata o tempo dos celtas para celebrar unha gran Festa Castrexa que reúne milleiros de persoas. Desde a vila lucense parte o programa, que presenta Nieves Rodríguez
Mentres, a reporteira María Carballeira viaxa ao concello coruñés de Vimianzo para participar no Asalto ao Castelo. Fátima Mella desprázase ata a parroquia de Vilalonga, en Sanxenxo, onde celebran o San Cristovo cunha procesión moi orixinal. E Fernando García está en Pontedeume para coñecer de primeira man os segredos do Feirón Medieval.
Ademais, as cámaras de “Vaia Troula” desprázanse á aldea de Furelos, en Melide. Alí recrean por un día a vida dos nosos antergos, unha celebración na que o bo humor está asegurado.
A proposta festeira inclúe manxares como a "gran polbada en Ordes", a Festa da merluza do pincho de Celeiro", en Viveiro, e a "Exaltación do percebe do Roncudo en Corme".
A Festa de San Pedro en Ponte do Porto, en Camariñas, completa o menú do programa.