CRTVG

Buscar

Pratos combinados

Capítulo 105: Un ano despois

29/03/2000 17:00 h

Pasado un ano despois da voda de Rosalía, ésta vive felizmente casada co seu home, e Migueliño -xa feito todo un home-, xoga nun equipo de baloncesto de Ourense.

Pola súa parte, Miro e Balbina, que estaban a ocuparse de goberna-la casa de turismo rural na aldea, deciden regresar ó Bar, xa que a vida neste lugar, non era tan bucólica como imaxinaran; ademais a Miro lle vencera a morriña. Deixan á señora Carmen coidando da casa da aldea, e volven de novo a abri-las portas do Bar Suízo.

Atopar capítulo por: