CRTVG

Buscar

Vaia troula

Capítulo 102.Vaia Troula: IV Edición do Desembarco pirata do Grove

16/06/2015 22:30 h

Nunha nova cita coa festa, o programa “Vaia Troula” daralles hoxe a benvida aos espectadores desde O Grove, onde celebran a cuarta edición do Desembarco Pirata, que lembra os feitos históricos ocorridos a principios do século XIX, un día moi orixinal e divertido onte a troula está asegurada.

O equipo de reporteiros do programa da TVG tamén estará nalgunhas das festas de San Antón que tiveron lugar estes días en toda Galicia. Fátima Mella comprobará a devoción polo santo na parroquia de Corveiro, en Cedeira; Fernando García achegarase ao concello de Xove para participar na romaría de Santo Antón de Rigueira, e María Carballeira pasará unha noite de festa no Santo Antón de Fontei (A Rúa).

E, para continuar coa troula, nada mellor que pasar pola Foliada de Santa Palleta, nas Pontes, ou saborear os deliciosos lagostinos que ofreceron na parroquia de Dexo, en Oleiros. 

A proposta festeira do programa seguirá coa Festa da Rosa de Mos, onde as flores máis fermosas e as empanadas de millo son as protagonistas da xornada. E no concello coruñés de Santa Comba, na parroquia do Busto, celebran unha festa rural en que a carreira de bertolinas é o prato forte. A Festa das Flores de Curtis, a Romaría do Bispo Santo en Foz e as actuacións das mellores orquestras completan o menú de “Vaia Troula” para este martes.

Atopar capítulo por: