CRTVG

Buscar

Serramoura

Capítulo 100: Un conto de medo (2ª parte)

10/01/2018 22:00 h

O apagamento afectou toda a vila, deixou sen subministración eléctrica os seus veciños e complicou as tarefas de busca polo monte. Con todo, Marga e Diego atoparon a Román vivo, aínda que cunhas estrañas marcas na pel. Pero non todo son boas noticias, xa que, ao mesmo tempo, o cazador capturou a Evaristo. Agora o secuestrador xa ten a vítima que desexaba e o que ten preparado para el non é nada agradable.

Á súa chegada á casa, a Román agárdao a fatal noticia do secuestro do seu pai. Desde ese momento só pasará unha cousa pola cabeza do pequeno dos Fiuza: rescatar o seu pai, custe o que custe e pese a quen lle pese.

Quique leva uns días moi disperso: cústalle centrarse no traballo e iso empézase a notar nos resultados, algo que non escapará da atención do tenente Penedo. Ademais, non é propio dun profesional da altura de Quique valerse do seu posto na Garda Civil para investigar, a título particular, o pasado de Sabela. Pero perder a oportunidade de iniciar algo persoal con ela comeza a pasarlle factura.

Mentres tanto, no serradoiro as cousas van mellor do previsto, pois os esforzos de Raquel por manter aberto o negocio dos Soutelo comezan a dar os seus froitos. Pero hai certas cousas na súa xestión que non lle gustan nada a dona Teresa.

Atopar capítulo por: