CRTVG

Buscar

4º sen ascensor

Capítulo 10: O regreso de Peter Pan

07/12/2004

Nunca vaias de marcha cos teus pais: falan de máis, beben de máis e o peor é cando se empeñan en demostrar que "están na onda". Isto é o que pensan os rapaces de 4º sen Ascensor.

Sebas está a probar un novo trebello: uns pantalóns automatizados que a piques están de ameazar aos seus espermatozoides.

Pedro, o pai de Sebas fuxe da casa e preséntase no apartamento, di non aturar a súa dona, pero en realidade o que pretende é ir de festa rachada cos rapaces. Fran planea aproveitar a ocasión para desplumalo.

Mentres, Lucía está moi disgustada, suspendeu un exame por primeira vez na súa vida e un comentario desafortunado pode levar ao traste a revisión do seu exame. Fran suxírelle que utilice os seus encantos co profesor.

Finalmente, Sebas e Fran saen de copas con Pedro. Sebas quere desfacerse do seu pai, mentres que para Fran é un auténtico choio.

O peor está por vir, a nai de Sebas preséntase de súpeto cunha sorpresa inesperada... os papeis do divorcio. Sen embargo non chegará o sangue ao río, cun par de "ideíñas" de Fran acabarán resolvéndose os problemas.

Atopar capítulo por: