CRTVG

Buscar

Luci

Capítulo 10: Luci no ximnasio

29/06/2014 22:00 h

A Luci dálle un tirón ben forte nun brazo. A falta de exercicio e ir cargando sempre cos aparellos de xardinaría fan que a pobre teña o corpo totalmente contracturado. Nin as contracturas, nin a insistencia dos seus amigos e familia convencen a Luci para apuntarse ao ximnasio, pero unha monitora repelente -interpretada por Camila Bossa- a quen non coñece de nada si. 

Un día decide achegarse a un ximnasio e, aínda na porta, a monitora que está en recepción chámaa e convídaa a entrar. Non sabe moi ben como, pero esta total descoñecida convence a Luci para que se faga socia e non só iso, senón que acaba pagando un ano enteiro de ximnasio por adiantado.

Ao principio, estar nas máquinas é un aburrimento, ademais de que o primeiro día ten unhas maniotas horribles. Pero pouco a pouco vaille collendo gusto ao mundo do deporte, sobre todo cando descobre que adelgazou dous quilos.

Atopar capítulo por: