Pazo de Familia
Capítulo 10
Está Sofía Salgado realmente namorada de Emilio? César ten claro que o anuncio da voda entre o seu fillo e a rival empresarial coa que non tivo máis remedio que asociarse responde só aos ambiciosos intereses da muller. Mónica, desfeita porque cando por fin atopa en Nino un amor verdadeiro este agarda un fillo de Rita.
Carlos, co rabo entre as pernas por ameazar a César con contar que ten un fillo bastardo, non tarda en pedirlle perdón. Pero o avogado está a xogar a dúas bandas, xa que lle falta tempo para ofrecerlle a Sofía unha información que pode acabar co magnate dos Pardo Veiga. Aceptará Sofía asociarse contra César agora que ela xa é parte da familia?
Emilio encárgalle a Sara a preparación dun buffet de comida tradicional co que sorprender importantes empresarios para que coloquen a súa publicidade no novo suplemento dominical do xornal. Claudia e Daniel meteranse na boca do lobo con tal de desenmascarar o comisario, envolto nunha trama de corrupción e cada vez máis preto do precipicio pola investigación xornalística levada a cabo desde O Universal.