Urxencia cero
Capítulo 10
A pesar dos anos de experiencia, Pili ten que afrontar unha nova e desagradable situación: e é que a súa vida familiar afecte ao seu traballo. O comportamento do fillo de Pili non é precisamente exemplar. O mozo é detido por tráfico de drogas e, nun intento por endereitalo, a enfermeira pono a traballar na limpeza do hospital, ás ordes de Reme. A situación complícase ata tal punto que porá en perigo o seu traballo e ata a vida dun paciente.
Pola súa parte, o ex-mozo de María volveu ao hospital cunha oferta: el mesmo lle doará un ril, se o seu pai lle paga 100.000 euros. Pero Xurxo sabe moi ben que, para que un transplante en vivo sexa legal, a doazón ten que ser altruísta, voluntaria e gratuíta. O que máis preocupa ao novo doutor é que, aínda así, María ceda á chantaxe.