CRTVG

Buscar

Luci

Capítulo 1: De relax con mamá

27/04/2014 22:30 h

Luci recibe unha visita que non lle fai ningunha graza: Soledad (María Costas), a súa nai, aparece para na súa casa para pasar uns días. Non sabe que Luci e Berto están separados, pero grazas a Hadrián non tarde en decatarse.

Soledad convida (ou máis ben, obriga) a Luci a pasar unha fin de semana con ela nun balneario. Semella un bo plan, se non fose porque o terremoto de Soledad sabe como ninguén como facer rabiar a súa filla. Luci sempre foi incapaz de dicirlle que non á súa nai e, sabendo que a viaxe será de todo menos relaxante, accede a ir.

Unha vez alí, Soledad non deixa de meterse con ela. Luci ármase de valor e decide, por unha vez na vida, pór a súa nai no seu sitio. Pero, xusto cando está a piques de dicirlle catro cousas, Soledad comeza a chorar e confésalle que a súa parella tamén acaba de deixala. Ambas as dúas toman unhas copas e viven unha noite de desenfreo e diversión. Ao día seguinte, Luci está encantada de rachar a barreira que a separaba da súa nai, pero a ledicia dúralle pouco, xa que Soledad segue a ser a mesma lercha de sempre.

Atopar capítulo por: