Viradeira
Capítulo 1
A disputa salta porque os habitantes de Dorneda nunca deron ningún tipo de credibilidade á historia do barco fundido nas súas augas, e moito menos que este tivese unha fortuna oculta. Ningún da vila o cría, excepto Manuel, un veciño ao que moitos daban por tolo. Pero todo cambia. Os cazatesouros chegan a Dorneda e poñen os seus veciños en pé de guerra, xa que consideran que, se efectivamente hai un botín que levar, este debe ser para Dorneda e non para ninguén de fóra.
“Viradeira” toma o seu nome do prato co que se lle dá a volta á tortilla e, de feito, a comida terá moita importancia nesta comedia, xa que parte da acción transcorrerá nunha cociña, a do restaurante da protagonista: Casa Carmela, un mesón onde se come moi ben e onde se cociñarán as mellores historias dos seus protagonistas.