Mareas vivas
Capítulo 4: Lei e xente
Andrés consegue que María firme os papeis necesarios para solicita-la pensión de viuvez e, mentres, investiga o naufraxio do desaparecido Suso Maroto falando con un dos mariñeiros que viaxaban con el aquel día. O pescador declara no seu momento que, cando o barco estaba a piques de afundirse, escoitaran entre a néboa a buguina doutra nave, se cadra unha nave que puido recoller a Suso no naufraxio.
Andrés perdería así a convicción íntima necesaria para declarar legalmente viúva a María Ares, pero o pescador fala con él e bótase atrás na súa declaración: non houbo buguina nin outro barco entre a néboa e Suso, inevitablemente, está morto. Asegura que aquela declaración primeira a fixera para darlle esperanzas a María.
A vila enteira mobilízase para consegui-lo indulto para Mangüi. Paula consegue que visite Portozás, Carme Avandaño, voceira da asociación "Érguete" de nais contra a droga. A pequena dos Couto vaise enfadar co seu pai, Ramón, porque entende que non fai nada por axudar a Mangüi, pero acabará por descubrir que Ramón, en segredo, axudou a Mangüi mentres o rapaz estaba no cárcere. Por fín, Mangüi consegue o indulto e volve á vila.
Berta discute (outra vez) con Petróleo, que presume de ser home dunha muller en cada porto e de ter unha "axente negra" chea de teléfonos de mozas. Petróleo narra con detalle algunhas das súas aventuras erótico-amorosas e Berta acaba por explotar. A doutora decide darlle unha lección finxindo que mantén relacións con Ladislao Couto. Petróleo, acurralado, cede e admite que as súas fanfarronadas son pura invención. Outra invención máis. Tamén descubriremos que o mariñeiro que interrogou Andrés mentía. Sí que escoitaran a buguina dun barco o día do naufraxio no que desaparecera Suso.