Zigzag diario
“Cantando a Manuel María” de Gonzalo Veloso e “As peripecias de Extravaganzza Pérez” de Ledicia Costas e Óscar Villán
28/03/2016 21:00 h
O luns de libros no “ZigZag Diario” trae hoxe ao estudio de gravación o autor do documental “Cantando a Manuel María”, Gonzalo Veloso. Esta peza pretende facer un percorrido pola traxectoria do homenaxeado no Día das Letras Galegas 2016.
No campo das reportaxes, o programa da tvG2 centrarase na literatura infantil e xuvenil, xa que o próximo 1 de abril arranca o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra cunha interesante novidade baixo o brazo: unha historia escrita por e para a ocasión. Trátase de “As peripecias de Extravaganzza Pérez”, un novo libro de Ledicia Costas, con ilustración de Óscar Villán, que servirá para ambientar moitas actividades do evento.