CRTVG

Buscar

Heicho cantar

Canción galega

05/02/2014 23:00 h

  Programa dedicado ás cancións galegas máis populares que nos marcaron dalgunha maneira.

   "A Rianxeira", interpretada pola “Banda Heicho Cantar”, é o tema que abre o programa. Rosa Cedrón canta unha versión moi persoal do "Carro" de Fuxan os Ventos. Leilía interpreta un tema moi coñecido que fala da relación musical que Galicia ten con Portugal: “O Verdegaio”.

   Como nun programa que fale de música propia non pode faltar un gaiteiro, Daniel Bellón está presente no escenario, xunto con Diego Maceiras e o seu acordeón. Xuntos forman un virtuoso dúo que interpreta unha peza dunha extrema dificultade e beleza: “Jotaerre”.

   O aire da Mariña pono Escolma de Meus, cun clásico da súa zona, “Catro vellos mariñeiros”. Con aires da costa tamén, pero neste caso do sur, está a Roda cun tema clásico das tabernas: “O Gato”.

 

Atopar capítulo por: