Momentos G
Campaña para mellorar a calidade de vida das persoas con dano cerebral
09/05/2021 14:12 h
Uns enfermos que se viron moi afectados pola pandemia son as persoas que sofren dano cerebral. En Galicia son unhas 35.000, con elas, por suposto, hai familias, unhas dúas mil están unidas en FEGADACE, que á súa vez agrupa varias asociacións de todo o país. Tres delas cumpriron en pandemia vinte anos de traballo a prol da autonomía e dos dereitos destes doentes, por iso hoxe queremos falar con Luciano Fernández, presidente da Federación Galega de Dano Cerebral.