CRTVG

Buscar

Os aspirantes

Camiño da final

06/12/2014 22:15 h

Esta semana continúa a odisea para “Os Aspirantes” da Televisión de Galicia. E para algúns a cousa vaise poñer moi costa arriba, xa que agora só quedan seis concursantes e ao final do programa desta noite só quedarán catro. Eses serán os catro que chegarán á final, os que se enfrontarán no último programa, que se ofrecerá o sábado que vén.

A competición é dura e antes de chegar á final do espazo presentado por Roberto Vilar aínda hai que superar esta edición. E hai que facelo a base de risas, con magníficos sketchs imitando a Mr. Bean, parodias de telenovelas, os mellores chistes, números musicais, monólogos, etc. Non hai límites para facer rir porque hai que convencer o xurado e seguir sendo un aspirante ata o final.

Atopar capítulo por: