CRTVG

Buscar

Destino Santiago

Camiño ata Arzúa

05/05/2018 11:45 h

O programa transmedia da CRTVG, “Destino Santiago” prosegue o seu percorrido ata Fisterra, con máis de 10 horas de televisión en directo na primeira aparición da Slow TV en España. Susana Seivane e David Perdomo poderán tomar un respiro na fermosa vila de Arzúa, na que será a segunda etapa de descanso da temporada. 
A través da web da CRTVG, os espectadores poderán  ver como os peregrinos aprenden a elaborar o  famoso queixo de Arzúa. Tamén terán que comprar e cociñar a súa propia comida. Pola tarde comeza un programa especial dende o set situado na vila coruñesa. Dende un improvisado estudio, Seivane e Perdomo relatarán o mellor da experiencia e recibirán algunha sorpresa inesperada. O programa emitirase en directo a través da tvG2. Durante todo o día, “Destino Santiago” pódese ver na web da CRTVG e en www.destinosantiagotvg.gal. Trátase da primeira experiencia da TV Amodiño en España e tamén se pode seguir nas redes sociais, de xeito ininterrompido, co cancelo #destinoSTGO e #uncamiñodiferente.

Atopar capítulo por: