CRTVG

Buscar

Un país en 360

Camiño do Norte

18/12/2021 20:00 h

O Camiño do Norte é un dos itinerarios máis antigos das peregrinacións xacobeas. En Ribadeo, Estíbaliz Veiga sóbese á bicicleta para percorrer os 200 quilómetros que a separan de Santiago de Compostela. Durante a súa viaxe, a nosa presentadora fará espeleoloxía na Cova do Rei Cintolo, voará un dron sobre o mosteiro de Sobrado dos Monxes e participará na elaboración dun queixo con Denominación de Orixe San Simón da Costa. Tamén terá a ocasión de facer sendeirismo na área megalítica de Toques, visitar a casa de Álvaro Cunqueiro en Mondoñedo e descubrir os segredos da faba de Lourenzá.

Atopar capítulo por: