Momentos G
Cales son os destinos que recomendan as axencias de viaxes para facer turismo este verán?
03/07/2021 14:05 h
Entrados xa no mes de xullo, este ano a mellora da situación epidemiolóxica ou o avance da vacinación axudan a que moitos se decidan a retomar as súas viaxes polas vacacións de verán. Con todo, coa pandemia aínda entre nós, queremos saber que protocolos están activos ou cales son os destinos máis elixidos polos galegos. Temos con nós a Juan Antonio Rivadulla, presidente da patronal galega de axencias de viaxes.