A Revista Fin de Semana
Cales son as pautas que debemos seguir para aprender a durmir?
13/03/2021 14:13 h
É bastante probable que entre vostedes que nos están vendo haxa algunha nai ou algún pai que estea facendo verdadeiros esforzos por conseguir manter os ollos abertos. Sen dúbida pasaron unha mala noite, con espertares continuos ou directamente en branco, o sono infantil, ou máis ben a ausencia del, é un verdadeiro problema para as familias que o sofren. E a pregunta do millón é: ten solución? Pódese aprender a durmir? A resposta seica é que si, imos saber como conseguilo, que é o que importa, con Rosa Rojano, enfermeira e experta no sono dos máis pequenos.