Momentos G
Cada vez son máis numerosas as cámaras de recoñecemento facial polas cidades
03/07/2021 13:56 h
Estamos afeitos a empregalo para desbloquear o noso móbil ou con filtros ou aplicacións que modifican as nosas faccións ou nos envellecen, o recoñecemento facial é unha das revolucións tecnolóxicas da última década, pero coidado porque tamén pode ter a súa parte perigosa, de vulneración de privacidade e de liberdades. Ímolo abordar con Fernando Suárez, presidente do Colexio de Enxeñaría Informática de Galicia.