CRTVG

Buscar

Momentos G

Cada vez son máis novos os adictos ao xogo

03/10/2019 13:51 h

A ludomanía está a aumentar nos últimos tempos co auxe das apostas deportivas e dos salóns de xogos. Unha problemática que está a desfacer cada vez máis familias, da que falamos con Francisco Gil e con Gerardo Rodríguez, presidente e secretario de Agalure.

Hai cada vez máis xente enganchada ao póker en liña. Tampouco axuda a proliferación dos coñecidos como salóns de xogos ou casas de apostas.

En Redondela están a loitar contra a instalación dun deste locais preto da zona escolar.

Ademais do xogo, outra das estratexias que empregan estes locais para atraer xente é ofrecer comida e bebida a moi baixo prezo.

Atopar capítulo por: