CRTVG

Buscar

Estache bo!

Cabaciñas mini con tempura das súas flores

17/09/2021 20:00 h

O noso reporteiro recadeiro Rafa Durán visitará a Begoña, de Olor y Sabor en Bergondo, para recoller cabaciñas mini e as súas flores. Este produto servirá para realizar a receita de hoxe, que fará o noso chef Xoanqui Ameixeiras cunha pequena axuda de Isabel, a súa veciña.

Ingredientes:

- Cabaciñas mini

- 1/2 cebola vermella

- 1/4 de queixo San Simón da Costa

 

Para a vinagreta das cabaciñas:

- 1 lata de anchoas

- 3 culleradas de aceite de oliva virxe

- 1 cullerada do aceite das anchoas

-2 culleradas de vinagreta

- 1 culleriña de mostaza

- 1 dente de allo asado

- Ceboliño

 

Para a tempura das flores:

- 1 cunca grande de auga xeada

- 1 cunca grande de fariña

- 1 xema de ovo

- 1 cullerada de bicarbonato

- 1 chisco de azucre

- 3 culleradas de sementes de papoula

Elaboración:

Rafa Durán desafiounos a cociñar estas cabaciñas mini coas súas flores. Asamos unha cabeza de allos no microondas e reservamos un dente. Cocemos as cabaciñas ao vapor durante 5 minutos, mentres nun cunco, facemos unha vinagreta cos aceites, o vinagre, a mostaza, o allo e o ceboliño.

Para facer a tempura, precisamos mesturar a fariña de arroz coa de trigo, auga xeada, sal, azucre, bicarbonato, a xema dun ovo e as sementes de papoula. Friximos as flores na tempura, aliñamos as cabaciñas mini, incorporamos unhas boas anchoas ao prato, e listo para comer…!!!

Atopar capítulo por: