CRTVG

Buscar

O Códice

Segunda parte

11/03/2021 08:45 h

 O caso está cheo de incógnitas: non se sabe se foi obra de profesionais, un roubo improvisado ou, mesmo un simple extravío dos propios relixiosos que custodiaban o libro. Marina Velasco, tenaz e experimentada inspectora da Policía Nacional, acode dende Madrid para ocuparse do caso. Pese a que conta coa axuda das forzas locais (o implacable Xuíz Casal e o seu equipo) a misión non é nada doada. Será unha carreira contrarreloxo chea de obstáculos e marcada polas presións do Goberno e da Igrexa. Ao mesmo tempo, Natalia e Lázaro, dous xornalistas dun diario local en crise, ven na investigación do roubo a oportunidade de conseguir unha xugosa exclusiva que salve os seus postos de traballo. Coleccionistas, ladróns de guante branco, extorsionadores... As liñas de investigación multiplícanse. Ninguén sospeita que todo é obra de Manuel Castiñeiras, un humilde electricista que traballaba na Catedral. Home sinxelo e relixioso que en realidade agocha unha personalidade chea de obsesións e traumas. Quen ía pensar que o escándalo internacional do Códice ten un epicentro dunha vida anónima e tortuosa? Que levou a este home a perpetrar un roubo de tales dimensións? Ten a Igrexia algo que ver no asunto? Hai alguén máis detrás do roubo?

Atopar capítulo por: