CRTVG

Buscar

Ribeiras de salitre

Bueu, o mar en positivo

28/07/2019 15:35 h

No porto de Bueu apreciamos unha mentalidade mariñeira en positivo nos trescentos homes e mulleres asociados á Confraría, que traballan as artes menores, o cerco, o marisqueo a flote e mergullo e o percebe.

A tradición é moi respectada neste porto e disto falamos con Victor Dominguez. Visitamos o Museo Massó para falar coa súa directora Covadonga López. Para cociñar, a peixeira Mari Carmen González, fai o saboroso rañorte. Descubrimos que o mariñeiro Seso de Pesquella é un virtuoso da harmónica.

Fotografar o traballo do mar é a paixón de Alba Sotelo. O patrón maior José Manuel Rosas sente o mar moi intimamente. E en de Cabo Udra estamos coa percebeira Mari Luz Piñeiro.

Atopar capítulo por: